De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento para facerse cargo dun ben incautado.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computará desde esa publicación.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para facerse cargo do ben incautado.
Os expedientes que se relacionan no anexo están á disposición das persoas interesadas nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Vigo, 20 de xullo de 2021
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Enderezo |
PESAN1 2010/953-5 |
35280992G |
Rúa do Pico, 12, baixo, Meira, Moaña |
PESAN1 2012/329-5 |
506503658 |
Lugar de Soutelo, Branca Albergaría-a-Velha (Portugal) |
PESAN1 2012/431-5 |
35280992G |
Rúa do Pico, 12, baixo, Meira, Moaña |