Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39047

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomea o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Unha vez ditada a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 14 de maio de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 97, do 26 de maio, pola que se efectúa a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, e de conformidade co establecido no artigo 6 da Orde do 30 de novembro de 2017 da entón Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, publicada no Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro, esta dirección xeral

DISPÓN:

Nomear o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, coa composición que se relaciona a seguir.

Tribunal titular:

Presidencia:

– Javier Enrique Fraga Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Beatriz Díaz Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– José Antonio Cerdeira Pérez, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– María José Nartallo Penas, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– María Baleato González, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

–Raquel Bahillo Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Marta Figueiras García, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

–Dalmiro Núñez Méndez, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Ana Beatriz Oveja Villafañe, persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

–Modesto Rouco Vilar, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2021

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local