Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39051

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2021 pola que se declara a exclusión do candidato admitido e se pon fin ao proceso selectivo de acceso como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de actividades do medio mariño, polo sistema de promoción interna.

Mediante a Resolución do 4 de febreiro de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro, a Universidade de Vigo convocou un proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de actividades do medio mariño, polo sistema de promoción interna.

Mediante a Resolución do 12 de febreiro de 2021 publicouse a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, na cal figuraba como único candidato admitido José David Díaz Vázquez.

Consonte o previsto nas bases da convocatoria, concretamente no punto oitavo da base quinta, o tribunal cualificador acordou requirirlle que acreditase cumprir os requisitos exixidos pola convocatoria. Concluído o prazo concedido e en vista da declaración do interesado e da documentación presentada, o órgano de cualificación constatou que o candidato non reúne os requisitos exixidos na convocatoria, especificamente a titulación de mergullador profesional de segunda clase restrinxida ou superior e a de patrón de embarcacións de lecer ou superior. O tribunal trasladou estas circunstancias a esta reitoría.

En consecuencia, consonte as bases da convocatoria e en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar excluído do presente proceso selectivo a José David Díaz Vázquez, por carecer da titulación de mergullador profesional de segunda clase restrinxida ou superior e de patrón de embarcacións de lecer ou superior.

Segundo. Declarar deserto o presente proceso selectivo ao non resultar admitido ningún aspirante.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 23 de xullo de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo