Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o proxecto de ordenación forestal das superficies xestionadas por Bosques do Atlántico, S.L. (código PO-00039448A) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario, no concello de Guitiriz.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal PO-00039448A, así como o seu estudo de impacto ambiental ordinario, co título de proxecto de ordenación forestal das superficies xestionadas por Bosques do Atlántico, S.L., na parroquia de Pígara, no concello de Guitiriz.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público para a súa consulta nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º) e no seguinte enlace:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 20 de xullo de 2021

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 20.7.2017)
Pablo Iglesias López
Xefe do Servizo de Explotacións de Lugo