Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 14 de xullo de 2021, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente LU-01475-O-2021).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación do expediente sancionador número LU-01475-O-2021 por infracción da normativa sobre transportes terrestres.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

Infórmase que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselle un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 14 de xullo de 2021

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

Anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-01475-O-2021

9486-BTR

36050085T

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %

26.4.2021; 19.10; N-634; 639,8

Art. 140.23 LOTT

Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

2.001 euros