Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 21 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de ocupación temporal de terreos para a restauración dos predios afectados pola explotación da concesión mineira San Amaro número 2.520.2, no termo municipal de Cangas, presentada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, ao non ser posible a notificación persoal a través do servizo de Correos por resultaren descoñecidos, notifícanse os interesados que constan no anexo para que poidan comparecer, no prazo de 15 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e a constancia deste.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida. Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de Rexistro e Atención á Cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 81 75 54.

Vigo, 21 de xullo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Parcela

Lugar

Referencia catastral

Concello

52

Teixugueira

36008A032000520000JA

Cangas

555

Teixugueira

36008A032005550000JS

Cangas