Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 22 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, polo que se lle notifica ao interesado no procedemento SXRH-PD-14/20 a citación para o trámite de vista.

A instrutora do procedemento intentou notificar ao interesado o trámite de audiencia. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica. Tendo presente as vicisitudes acontecidas en tales trámites, a instrutora considera prudente dar unha nova oportunidade ao interesado a través da publicación do presente anuncio. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A seguir identifícase á persoa interesada, a referencia do procedemento e o trámite a que se lle convoca:

Persoa citada: 33278493T.

Procedemento: SXRH-PD-14/20.

Trámite: citación para o día 17.8.2021, ás 10.00 horas, no Servizo Territorial da Inspección Educativa de Pontevedra (sito na avenida María Victoria, nº 43, 7º andar, Pontevedra), co fin de proceder ao trámite de vista do procedemento.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2021

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade