Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39105

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DECRETO 115/2021, do 8 de xullo de 2021, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia; no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei; no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Confederación ANPAS Galegas, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do oito de xullo de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cesamento

Que cese Javier Sánchez García como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación de pais e nais de alumnos/as, por proposta das confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos/as en proporción á súa representatividade (ensino público), proposto pola Confederación ANPAS Galegas.

Artigo 2. Nomeamento

Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación de pais e nais de alumnos/as, por proposta das confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos/as en proporción á súa representatividade (ensino público), proposto pola Confederación ANPAS Galegas, a Iria Salvande Lorenzo.

Artigo 3. Duración do mandato

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que exerce.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de xullo de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade