Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 16 de xullo de 2021 polo que se notifica a execución subsidiaria da orde de demolición ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR 52 2013.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 25 de maio de 2021, resolución pola que se dispón a execución subsidiaria por conta dos obrigados (DNI 51463958D e DNI 70063753 A) e os seus habentes causa, da Resolución do 16 de xullo de 2014 que ordenou aos interesados coa demolición dunha edificación destinada a vivenda unifamiliar, no lugar de Nogueiredo, no termo municipal de Castrelo de Miño.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente de acordo co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística