Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39223

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle (expediente FG 651).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de xuño de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle do quinteiro M7 do Plan parcial de ordenación do sector SUP 1-R Carballido, Perillo (documento R.E. nº 202108246 do 11.5.2021).

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org.

Oleiros, 12 de xullo de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde presidente