Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39221

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de administrativo/a vacante no cadro de persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público de 2019 e reservada á quenda de promoción interna.

Aprobada a oferta de emprego público para o ano 2019, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO núm. 248, do 30 de decembro) e no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 18, do 28 de xaneiro de 2020) e de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, así como na Lei 5/2015, do 30 de outubro, pola que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TRLEBEP), mediante o Acordo da Xunta de Goberno local do 19.4.2021 apróbase a convocatoria e as bases do proceso selectivo para cubrir unha praza de administrativo/a vacante do subgrupo C1, no cadro de persoal como funcionario de carreira de Administración xeral do Concello do Grove, mediante quenda de selección por promoción interna, que se rexerá polas presentes bases que regulan o sistema selectivo de concurso-oposición, pola quenda de promoción interna, de 1 praza de funcionario/a de carreira da escala de Administración xeral, subescala administrativa, pertencente ao subgrupo C1.

O texto íntegro das bases publícase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, na sede electrónica do Concello do Grove: https://concellodogrove.sedelectronica.gal/info.0 e no taboleiro de anuncios da súa páxina web oficial: www.concellodogrove.es, sen prexuízo da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na sede electrónica do Concello antes citada e cando proceda segundo a normativa vixente, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

O Grove, 10 de maio de 2021

José A. Cacabelos Rico
Alcalde