Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2021649AECO incoado a 32713550Y.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.
Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a Xefatura Territorial, no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.
Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
A Coruña, 21 de xullo de 2021
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente 2021649AECO.
DNI/NIF/CIF: 32713550Y.
Derradeiro enderezo coñecido: rúa Alcalde Quintanilla Martínez, torre 2, edificio 7, 11º D, 15406 Ferrol.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.