Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Val-Meirás-Lago II (Narón-Valdoviño-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración que os afecta.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Val-Meirás-Lago II (Narón-Valdoviño-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración parcelaria da dita zona que os afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, mediante cita previa chamando ao telefono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 20 de xullo de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Acto notificado

Zona de concentración

32601925T

Resolución de modificación acordo

Val-Meirás-Lago II (Narón-Valdoviño-A Coruña)

76378472A

Resolución de modificación acordo

Val-Meirás-Lago II (Narón-Valdoviño-A Coruña)

76378534L

Resolución de modificación acordo

Val-Meirás-Lago II (Narón-Valdoviño-A Coruña)

Lorenzo Rey, Abelardo

Resolución de modificación acordo

Val-Meirás-Lago II (Narón-Valdoviño-A Coruña)