Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para o acceso a unha praza de encargado/a (Brigada de Zona Rural) e unha praza de xefe/a do Parque Móbil, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación das ditas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 148, do 1 de xullo de 2021, foron publicadas as resolucións relativas á convocatoria e as bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, os seguintes procesos selectivos:

Decreto nº 5536/2021, do 25 de xuño: una (1) praza de encargado/a (Brigada de Zona Rural); escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; clase persoal de oficios. Grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

Decreto nº 5539/2021, do 25 de xuño: una (1) praza de xefe/a do Parque Móbil; escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; clase persoal de oficios. Grupo de titulación C (subgrupo C1). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 9 de xullo de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos