Con data do 10 de xullo de 2020, o DOG fixo pública a Orde do 8 de xullo pola que se convocaba o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quendas libre e concurso, cuxo obxecto era a cobertura de 119 prazas de policía local nos concellos que se enumeraban na dita orde e na súa modificación.
Con data do 19 de xuño de 2021, o BOE publicou o anuncio da modificación da dita convocatoria, e abre novo prazo de presentación de solicitudes, rematado este e de acordo co establecido no número 4 da referida orde, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de xullo de 2020 (DOG núm. 137, do 10 de xullo), na quenda de concurso.
As listaxes provisionais de persoas admitidas poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.
A listaxe provisional de persoas excluídas na quenda de concurso, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos de lingua galega.
Dispoñen do mesmo prazo as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude no proceso, non consten nin como admitidas nin como excluídas nas listaxes publicadas.
A Estrada, 28 de xullo de 2021
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Listaxe provisional de persoal excluído. Quenda de concurso
Apelidos |
Nome |
DNI |
Motivo da exclusión |
Álvarez Álvarez |
Carlos |
***6070** |
4 |
Andrade Castro |
Carlos |
***1583** |
3 |
Barandela Prieto |
Roberto Carlos |
***4949** |
4 |
Bustabad Santiago |
Daniel |
***0722** |
3 |
Codesal Cruz |
Jordán |
***2351** |
4 |
Cristobo Losada |
Eulogio |
***5069** |
4 |
Diz García |
Javier |
***1991** |
4 |
Fernández Vila |
Rubén |
***7832** |
4 |
Fondo Balsas |
María José |
***6775** |
1, 4 |
Freire Ferreiro |
David |
***7894** |
6 |
García Fariña |
Diego |
***4080** |
3 |
González Castro |
Manuel David |
***0072** |
4 |
González Gil |
Laura |
***0300** |
3 |
Leirós Díaz |
Enrique |
***6232** |
2, 3, 4, 5 |
Leitos González |
José Enrique |
***7439** |
4 |
López Díaz |
Manuel |
***0603** |
2, 3, 4 |
López Miranda |
Bernardo |
***0820** |
3 |
Mayobre Rodríguez |
Francisco Javier |
***8466** |
3 |
Muíño Vilela |
Alejandro |
***2063** |
2, 3, 4, 5 |
Negral Fernández |
Diego |
***3955** |
3 |
Pérez Louro |
José |
***2444** |
4 |
Quiroga Álvarez |
Pilar |
***4891** |
3, 4 |
Santos Dopazo |
Diego |
***9264** |
3, 4 |
Tella Doval |
José María |
***5008** |
4 |
Varela Tourís |
Carlos |
***6169** |
2, 3, 4 |
Viñas Arias |
Pablo |
***0458** |
1 |
Cód. |
Motivo da exclusión |
1 |
Modelo de solicitude non válido (base 3.2) |
2 |
Non presenta xustificante do ingreso da taxa segundo o establecido (bases 3.4.1 e 3.5.2.a) |
3 |
Non presenta certificado acreditativo de ter en propiedade a categoría de policía e contar coa antigüidade mínima de tres anos (base 3.5.2.b) |
4 |
Non presenta relación de méritos por cada unha das epígrafes de que consta o concurso (base 3.5.2.c) |
5 |
Non presenta copia da documentación acreditativa dos méritos alegados (base 3.5.2.d) |
6 |
Importe da taxa inferior ao estipulado (base 3.4.1) |