Advertidos erros no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 144, do 29 de xullo de 2021, na páxina 38626, cómpre efectuar as seguintes correccións:
No título do anuncio, onde di: «zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos)», debe dicir: «zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga)».
No primeiro parágrafo e no punto primeiro, onde di: «zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos-Ourense)», debe dicir: «zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Ourense)».
No título do anuncio e nos puntos primeiro e segundo, onde di: «Acordo de concentración», debe dicir: «Acordo de reestruturación».