Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39541

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de xullo de 2021 pola que se publica o Acordo da Comisión de Goberno do 20 de xullo de 2021, que nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 142, do 27 de xullo, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 38194, na designación de vogais:

Onde di: «escala de secretaría-intervención», debe dicir: «subescala de secretaría-intervención».

Onde di: «María Carmen Picallo Gago (representante da EGAP)», debe dicir: «María Carmen Picallo Gago, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas, subgrupo A2».

Onde di: «Iván Rodríguez Fos (representante da EGAP)», debe dicir: «Iván Rodríguez Fos, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1».