Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 10 de agosto de 2021 Páx. 40121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 26 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2021563AE-PO por infracción en materia sanitaria.

O 1 de xuño de 2021 a instrutora ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2021563AE-PO contra a persoa titular do DNI 53940271G.

Logo de intentar a notificación desta proposta de resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante este anuncio, se notifica á persoa titular do DNI 53940271G o contido de dita proposta de resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 26 de xullo de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2021563AE-PO.

DNI da persoa denunciada: 53940271G.

Último enderezo coñecido: rúa Toledo, 18, 28223, Pozuelo de Alarcón.

Feito imputado: suposta infracción do previsto en:

• Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

• Artigo 6.2 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

• Decreto 2/2021, do 8 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2:

1. Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais delimitados de forma conxunta:

c) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño e Redondela.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 1/2018, do 2 de abril: «O incumprimento, por simple neglixencia, dos requisitos, obrigacións ou prohibicións establecidas na normativa sanitaria, así como calquera outro comportamento, a título de imprudencia ou inobservancia, sempre que se produza alteración ou risco sanitario e este sexa de escasa incidencia».

Sanción proposta: trescentos euros (300 €).