Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 10 de agosto de 2021 Páx. 39781

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de xuño de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xuño de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galicia, segundo o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertido erro na Resolución do 24 de xuño de 2021, publicada no DOG núm. 120, do venres 25 de xuño de 2021, cómpre facer a oportuna corrección:

– Na páxina 32074, no centro de destino «COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)», no posto de traballo «PS.C99.40.800.36560.008.- RESPONSABLE ÁREA RESIDENCIAL», na súa columna nivel, onde di «26», debe dicir «25», e, na súa columna complemento específico, onde di «14.428,96», debe dicir «12.894,00».