Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 10 de agosto de 2021 Páx. 40069

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT104B).

Mediante a Orde do 24 de marzo de 2021 establecéronse as bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e realizouse a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm. 70, do 15 de abril).

O financiamento e a contía global das axudas, recollidos na orde de convocatoria no seu artigo 3.1, efectuaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.41.433A.770.0 e 10.41.433A.781.2 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, inicialmente por un importe en cada unha delas de 25.000,00 € (vinte e cinco mil euros).

A orde prevé no punto 2 do seu artigo 3 a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria, nos termos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, previamente á resolución do expediente, se existe unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito con fondos adicionais. De acordo con isto, procede ampliar as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas para o ano 2021 por un importe de 27.800,00 € (vinte e sete mil oitocentos euros) en cada unha das dúas aplicacións orzamentarias sinaladas, polo que a suma total da dotación orzamentaria da convocatoria resultante despois da aplicación é de 105.600,00 € (cento cinco mil seiscentos euros), de acordo co seguinte detalle:

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

Ampliación

Crédito final

10.41.433A.770.0

25.000,00 €

27.800,00 €

52.800,00 €

10.41.433A.781.2

25.000,00 €

27.800,00 €

52.800,00 €

Total

50.000,00 €

55.600,00 €

105.600,00 €

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confiren o artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. As dotacións orzamentarias previstas para as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas para o ano 2021, de acordo coa Orde do 24 de marzo de 2021 (DOG nº 70, do 15 de abril), increméntanse no importe de 27.800,00 € cada unha delas.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A ampliación prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 24 de marzo de 2021.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade