Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 11 de agosto de 2021 Páx. 40299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 26 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a carta de pagamento do expediente sancionador 2021665AE-PO por infracción en materia sanitaria.

O 4 de maio de 2021, a xefa territorial de Pontevedra dictou acordo de inicio do expediente sancionador 2021665AE-PO contra a persoa titular do NIE X2563425Y.

O 25 de maio de 2021, a persoa interesada solicitou o pagamento voluntario da sanción. Tras intentar a notificación da carta de pagamento, segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lle notifica á persoa titular do NIE X2563425Y a carta de pagamento, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento dela.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, para proceder ao pagamento da sanción. Poderá acceder á carta de pagamento íntegra e ao expediente sancionador nas dependencias desta xefatura, sitas en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na avenida María Victoria Moreno, núm. 73, 1º andar, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.

Unha vez recibido o comprobante do pagamento da sanción, segundo o establecido no artigo 85 da Lei 39/2015, resolverase o expediente. De non recibir o xustificante de pagamento antes da resolución do procedemento, a persoa interesada perderá o dereito ao desconto do 25 %, porcentaxe de redución indicada por pagamento voluntario no artigo 44 bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 8/2021, do 25 de febreiro.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 26 de xullo de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2021665AE-PO.

NIE da persoa denunciada: X2563425Y.

Último enderezo coñecido: Broullón, 10, 36954, Moaña.

Feito imputado: suposta infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.