Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 11 de agosto de 2021 Páx. 40281

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de marzo de 2021 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro/a técnico/a industrial pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Advertido erro en dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 67 do 12 de abril de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 18726, onde dí: «Estar en posesión da titulación universitaria oficial de enxeñeiro/a técnico/a industrial. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título»; debe dicir: «Estar en posesión de estudos habilitantes para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, das especialidades Eléctrica, Electrónica Industrial, Mecánica e Química Industrial. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título».