Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 12 de agosto de 2021 Páx. 40424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 21 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de ampliación da declaración de auga mineral natural como auga de bebida envasada do Pozo AS5, no termo municipal de Baiona (Pontevedra).

Esta xefatura territorial está a tramitar a solicitude da sociedade Agua Sana, S.L., NIF B366588133, de ampliación da declaración de auga mineral natural como auga de bebida envasada do Pozo AS5, situado na Granxa, parroquia de Belesar, no concello de Baiona.

De conformidade co disposto no artigo 3.1.1 do Real decreto 1798/2012, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de mananciais envasadas para o consumo humano, e no artigo 39.2 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría,

Acordo:

Primeiro. Someter á información pública, por un prazo de trinta días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, a solicitude e o proxecto para a ampliación da declaración da auga mineral natural como auga de bebida envasada do Pozo AS5, coas seguintes características:

– Coordenadas: X = 561.007 e Y = 4.657.642 (datum ETRS89, fuso 29).

– Referencia catastral da parcela: A003A070000180000HL.

– Profundidade: 43 metros.

– Caudal: 4.600 l/h.

A solicitude e o texto do proxecto da ampliación da declaración poderán ser consultados no seguinte enderezo electrónico:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Segundo. As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, preferiblemente a través do formulario normalizado (código de procedemento PR004) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, ademais de nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cando sexa indispensable a atención presencial e atendendo ás medidas fronte ao coronavirus, as persoas interesadas poderán acudir a esta xefatura territorial (avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra), mediante unha cita previa no número de teléfono 986 80 52 37.

Pontevedra, 21 de xullo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra