De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas iníciase anualmente o 1 de marzo e remata o 30 de abril.
Unha vez finalizado o dito prazo foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas.
Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listaxes correspondentes, a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, acordou elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño temporal de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo).
Nas devanditas listas figura a seguinte información:
– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 e 9 bis do Decreto 37/2006.
– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:
– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.
– Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos nos artigos 9.b) e 9.bis.a.1 do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:
– Servizos centrais:
Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.
– Servizos periféricos:
Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.
– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV da presente resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.
– Certificación de servizos prestados nas demais entidades públicas instrumentais do sector público autonómico na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo V da presente resolución e deberá ser asinada polo/a órgano da entidade equivalente ao/á secretario/a xeral técnico/a con competencia en materia de persoal.
No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluída non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluída.
As persoas integrantes das listas que na súa solicitude de inclusión autorizasen expresamente a consulta dalgúns datos pola Administración e que figurasen excluídas nestas listas provisionais por causas relacionadas coa imposibilidade material da obtención dos ditos datos, deberán achegar, para acreditar o cumprimento dos requisitos exixidos, no indicado prazo de dez días concedido para formular reclamación contra as listas provisionais, copia auténtica da documentación respecto á cal non foi posible obter datos ao realizar a consulta.
Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas solicitantes provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006.
O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, punto de <Listas de contratación>.
Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes, e daráselle publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2021
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica |
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía |
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade de química |
A1 |
206L |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A1 |
206M |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima |
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira |
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios |
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral |
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola |
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatísticos |
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller de Institutos Politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción |
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller de Institutos Politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque |
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir) |
C1 |
207V |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón |
C1 |
207W |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
004 |
Titulado/a superior |
I |
018 |
Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior) |
I |
019 |
Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a |
I |
023 |
Documentalista |
I |
027 |
Coordinador/a de actividades externas |
I |
029 |
Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM |
I |
030 |
Relacións públicas do IGAEM |
I |
031 |
Titulado/a superior de formación ocupacional |
II |
001 |
Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
II |
007 |
Titulados/as grao medio |
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil |
II |
021 |
Monitor/a ocupacional |
II |
027 |
Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio) |
II |
031 |
Restaurador/a |
II |
037 |
Titulado/a medio/a formación ocupacional |
II |
038 |
Perito/a-xudicial diplomado/a |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil |
III |
002 |
Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG |
III |
003 |
Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a |
III |
004 |
Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro. roupeiro, ferro de pasar |
III |
005 |
Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
III |
012 |
Mestre/a de taller |
III |
014 |
Xefe/a de cociña |
III |
017 |
Analista de laboratorio |
III |
033 |
Encargado/a supervisor/a de telefónica |
III |
037 |
Técnico/a de son |
III |
040 |
Axudante/a de produción |
III |
045 |
Técnico/a de luces |
III |
049 |
Axente auxiliar inspección transportes |
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
III |
053 |
Técnico/a en restauración cinematográfica |
III |
060 |
Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE |
III |
063 |
Oficial 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a |
III |
065 |
Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª |
III |
066 |
Axudante/a taller. Adxunto/a taller |
III |
067 |
Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz |
III |
069 |
Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira |
III |
078 |
Subgobernante/a |
III |
088 |
Capataz de explotacións marisqueiras |
III |
090 |
Animador/a sociocultural |
III |
091 |
Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores) |
III |
097 |
Auxiliar de son |
III |
098 |
Auxiliar de luces |
III |
102 |
Encadernador/a |
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
IV |
001 |
Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar |
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras |
IV |
004 |
Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado |
IV |
005 |
Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª |
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento |
IV |
009 |
Oficial/a 2ª agrario/a |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio |
IV |
016 |
Condutor/a |
IV |
017 |
Almaceneiro/a. Despenseiro/a |
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
IV |
028 |
Auxiliar produción-dirección |
IV |
030 |
Auxiliar formación ocupacional |
IV |
031 |
Legoeiro/a |
IV |
034 |
Axudante/a restauración e proxección cinematográfica |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
IV |
036 |
Auxiliar de museos |
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
V |
001 |
Camareiro/a-limpador/a. Axudante cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pasador/a de ferro/a. Lavandeiro/a |
V |
002 |
Axudante/a traballos ou oficios. Axudante/a albanel. Peón/oa especializado/a. Fontaneiro/a. Axudante/a. Hortelá/n. Axudante/a traballos. Encargado/a xardín |
V |
003-01 |
Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado |
V |
003-02 |
Resolución 26.6.2018 (DOG núm. 122, do 27.6.2018). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado |
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais |
V |
10E |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
V |
10F |
Peón/oa forestal |
V |
011 |
Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal servizos xerais |
Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos
de prevención e defensa contra incendios forestais
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais |
II |
039 |
Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais |
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais |
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
IV |
037 |
Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais |
V |
10A |
Vixilante móbil defensa contra incendios forestais |
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |