Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 12 de agosto de 2021 Páx. 40470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de convocatoria para prover varias prazas pola quenda de promoción interna (OEP 2017 e 2020).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 148, do 4 de agosto, publicáronse a convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes de persoal funcionario no Concello de Cambados incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2020, que a seguir se sinalan:

Promoción interna

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 2. Denominación: administrativo/a.

Promoción interna-funcionarización.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 2. Denominación: administrativo/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo/a intervención.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Cambados, 5 de agosto de 2021

Fátima Abal Roma
Alcaldesa