Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1) Entidade adxudicadora:
Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
Tipo de contrato: servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).
2) Obxecto do contrato:
Título: servizo de apoio técnico para a elaboración dos modelos hidrolóxicos das bacías hidrolóxicas do Lérez, Mero, Umia, Covo, Ouro, Masma, Grande, Eume, Xubia, Lagares e Baíña.
Clave do expediente: GA.21044.
CPV (referencia de nomenclatura): 71356300-1 (servizos de apoio técnico).
Orzamento base: importe neto: 14.875,00 euros. Importe total: 17.998,75 euros.
Prazo de execución: 4 meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 11.125,00 euros. Importe total: 13.461,25 euros.
Empresa contratista: Consultora de Ingeniería, Medio Ambiente y Arquitectura, S.L.
3) Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación referida no punto 2) anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; prioridade de investimento 5.2 «Fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes”»; obxectivo específico 5.2.1 «Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobres as poboacións, incluíndo protección civil»; actuación 5.2.1.4 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)) «Medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa». Unha maneira de facer Europa.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2021
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia