Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 13 de agosto de 2021 Páx. 40573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANP-LU-0008/2021-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderáse producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 28 de xullo de 2021

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 20.3.2019)
Víctor Manuel García García
Xefe do Servizo de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente: ANP-LU-0008/2021-V.

DNI: 34287428V.

Acto notificado: acordo de inicio.