Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 13 de agosto de 2021 Páx. 40577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación UA-1 Ceán, no concello de Vigo, promovido pola Xunta de Compensación da AOD A-2-21 Ceán (expediente 2021AAE2570).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 28 de xullo de 2021, sobre o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación UA-1 Ceán, no concello de Vigo, promovido pola Xunta de Compensación da AOD A-2-21 Ceán.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2419/2021.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático