Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 13 de agosto de 2021 Páx. 40483

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2021 pola que se concede a mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster, impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2020/21.

Con data do 16 de marzo de 2021, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para a concesión de mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2020/21.

Rematado o prazo para a entrega da documentación necesaria para a tramitación do procedemento establecido no artigo 5 da orde de convocatoria, foron analizadas as solicitudes pola comisión avaliadora prevista no artigo 8 da citada orde.

Tendo en conta o anteriormente exposto e atendendo á proposta de resolución da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlle a mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia ás titulacións universitarias oficiais de máster, impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2020/21, que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo. As universidades responsables dos títulos comprométense a manter os requisitos que deron lugar á obtención da puntuación mínima para acadar a mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia.

Así mesmo, os responsables dos títulos comprométense a incluír as medidas e modificacións necesarias, segundo o procedemento establecido para a modificación de títulos universitarios, derivadas do compromiso de inclusión dun módulo vinculado directamente cunha formación en emprendemento e autoemprego, establecida no artigo 9, epígrafe f).

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as universidades poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Titulación

Facultade/escola

Universidade

MU en Bioinformática para Ciencias da Saúde

Facultade de Informática

Universidade da Coruña

MU en Tradución para a Comunicación Internacional

Facultade de Filoloxía e Tradución

Universidade de Vigo

MU en Biotecnoloxía Avanzada

Facultade de Bioloxía

Facultade de Ciencias

Universidade de Vigo

Universidade da Coruña