Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 13 de agosto de 2021 Páx. 40479

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación de UGT-Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais (DOG do 13 de novembro), as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 7 da dita resolución, UGT-Galicia acordou o nomeamento dun membro titular e dous membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación de UGT-Galicia, a Mar Martín González en substitución de Beatriz Meilán del Río.

Artigo 2

Nomear como membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación de UGT-Galicia, a Juan Manuel Loureiro Taibo e a Trinidad Campos Rodríguez en substitución de Josefina Martínez Bao e Víctor Fernández Prieto.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade