Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 13 de agosto de 2021 Páx. 40591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 29 de xullo de 2021 polo que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución do recurso de reposición POL/49/2013.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 19 de abril de 2021, resolución pola que se desestima o recurso de reposición interposto pola interesada con DNI 78797468C contra a Resolución do 8.5.2019 pola que se lle impoñía unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 7.10.2014, que ordenaba a demolición das obras de construción dunha estrutura de formigón armado, no lugar da Espiñeira, en Aldán, no termo municipal de Pontevedra, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e firmo este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística