Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 13 de agosto de 2021 Páx. 40596

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do Peprica para a recuperación da antiga casa reitoral de San Bartolomeu, sita na rúa de Don Filiberto, número 5, no que atinxe á modificación da ficha 4-50-12 e cambio de delimitación do polígono P.1-Horta do Cura.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de xullo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«(...) Primeiro. Prestar aprobación inicial ao proxecto de modificación puntual do Peprica para a recuperación da antiga casa reitoral de San Bartolomeu, sita na rúa Don Filiberto, número 5, do solo urbano de Pontevedra. Modificación da ficha 4-50-12 e cambio de delimitación do polígono P.1-Horta do Cura, redactado polo arquitecto José Luis Pichel Fernández, datado en marzo de 2021 e conformado pola arquitecta municipal da OTAP, que inclúe os anexos denominados Estudo histórico da antiga reitoral e Horta do Cura de San Bartolomeu O Vello, de setembro de 2014, redactado polo arqueólogo Lino Gorgoso López (Adro Arqueolóxica) e Documento complementario Estudo histórico da antiga reitoral e Horta do Cura de San Bartolomeu O Vello (PO), redactado polo arqueólogo Lino Gorgoso López, do 25 de febreiro de 2020, e que incorpora as modificacións subsecuentes ás observacións e suxestións indicadas nos informes sectoriais emitidos durante a tramitación da avaliación ambiental estratéxica.

Segundo. Dispoñer o sometemento de todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o resumo executivo, a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra, na sede electrónica do Concello www.sede.pontevedra.gal e nun dos xornais de maior difusión da provincia, con notificación individual a Rogina Instalaciones, S.L., a Vicente Riestra Cuartero (ao cal se lle recoñeceu, con data do 17 de xuño de 2015, a súa condición de interesado nos expedientes relacionados coa parcela sita na rúa Don Filiberto, número 5) e ao resto dos interesados que figuren no Catastro, e todo isto para os efectos de que durante tal período se poidan formular as alegacións e suxestións oportunas. O remate do dito prazo de alegacións computará desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou notificación individual -se for posterior- e a documentación exposta será dilixenciada pola Secretaría da Administración municipal (...)».

«(...) Cuarto. Dispoñer a suspensión das licenzas de edificación, parcelamento e/ou demolición no ámbito territorial obxecto desta modificación e que se concreta no plano do resumo executivo, que será obxecto de publicación xunto cos anuncios da aprobación inicial, con referencia ao proxecto de modificación puntual e respecto da nova normativa proposta. (...)».

Durante o período de información pública, o texto íntegro da modificación puntual, debidamente dilixenciado, xunto co correspondente expediente administrativo, estarán depositados nos servizos urbanísticos municipais, sitos no primeiro andar da rúa dos Ferreiros, números 28-30, de Pontevedra, en horario de oficina, para que poidan ser consultados, con cita previa, que deberá ser solicitada no teléfono 886 40 51 53 ou na sede electrónica do Concello de Pontevedra (sede.pontevedra.gal), para o cal deberán seleccionar a opción Oficina: Urbanismo. Trámite: planeamento e xestión urbanística e ordenación do territorio, e sen prexuízo do seu acceso electrónico a través da sede electrónica do Concello.

Así, infórmase de que nestas datas xa está publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (ligazón exacta actualmente http://www.pontevedra.gal/areas/urbanismo-e-territorio/planeamento-urbanistico/planeamento-en-tramitacion/) o contido íntegro do documento aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Pontevedra, 19 de xullo de 2021

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde

ANEXO

Resumo executivo e ámbito de suspensión de licenzas

missing image file