Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 40655

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 119/2021, do 9 de agosto, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT),

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT) as seguintes persoas:

– Beatriz Meilán del Río.

– José Luis Fernández Celís.

Artigo 2

Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT) as seguintes persoas:

– Raquel Seijas Lamelas.

– María Isabel González Jardón.

Santiago de Compostela, nove de agosto de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente