Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 40813

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril) (en diante, LOU), no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios (en diante, RDAN), e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante, RDCA), e a teor do establecido nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio) e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), da Xunta de Galicia (en diante, EUDC), en execución da oferta de emprego público (OPE) de persoal docente e investigador para o ano 2021, aprobada pola Resolución do 16 de marzo de 2021 (DOG do 26 de marzo).

Esta reitoría, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 dos EUDC, resolveu convocar concurso de acceso das prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases.

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Este concurso rexerase pola LOU, o RDAN, o RDCA, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e, naquilo que non estea previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado.

1.2. Os concursos de acceso terán procedemento independente para cada praza ou prazas convocadas.

1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios.

Para o cómputo dos prazos o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.

2. Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Requisitos xerais.

Para seren admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados Internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

Tamén poderá participar o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente, poderán participar as persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. As persoas aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar que non foron sometidas a ningunha sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

2.2. Requisitos específicos.

Ser doutor/a e estar acreditado ou acreditada para o corpo docente de que se trate, conforme o establecido no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio.

Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos.

2.3. Presentación dos requisitos.

Os requisitos establecidos nas presentes bases deberán cumprirse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo III a esta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015.

3.2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa da Maestranza, 9, A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro). As solicitudes que se presenten por medio das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderán cursarse por medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame serán de 43,30 euros e ingresaranse na conta corrente ES76 0049 5030 15 2516011262, concursos-oposicións, no Banco Santander Central Hispano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da devandita entidade ou mediante transferencia bancaria en que deberán constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza a que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado con que teñan devandito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Copia compulsada dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na base 2.2.

c) Xustificante orixinal do pagamento dos dereitos de exame.

Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familia numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da discapacidade ou do documento acreditativo de familia numerosa, segundo corresponda.

3.4. Os erros de feito que se poidan advertir poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, e unicamente poderán demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

4. Admisión dos/das aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente da Universidade da Coruña ditará unha resolución en que aprobe a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro electrónico oficial da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal/services/electronic_board) e, a título divulgativo, no enderezo da internet: https://www.udc.es/gl/pdi/concursos/concursos_funcionarios/index.html).

4.2. Contra a devandita resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as ditas reclamacións, publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.

4.3. De acordo co previsto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, estas publicacións producirán os mesmos efectos que a notificación persoal ás persoas interesadas.

5. Comisión de Acceso.

5.1. De acordo co que establece o artigo 81 dos EUDC, a composición da comisión é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. Salvo petición noutro sentido e autorizada, terá a súa sede e actuará no centro a que se adscriba a praza convocada.

Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os currículos dos membros das comisións de acceso serán públicos e poderán ser consultados no Servizo de Persoal Docente e Investigador.

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada polo reitor. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e as persoas interesadas poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados na Lei 39/2015. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, os afectados serán substituídos polos seus respectivos suplentes, na súa falla, por orde correlativa e nos demais casos resolverá o reitor.

5.3. A comisión deberá constituírse no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte á data de publicación da correspondente convocatoria no BOE. Transcorrido o devandito prazo sen que se constituíse, o reitor procederá á substitución do/da presidente/a titular.

5.4. Dentro do devandito prazo, o/a presidente/a, despois de consultar cos restantes membros, ditará unha resolución que se notificará a todas as persoas interesadas cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o cal son citados, convocando a:

a) Todos os membros titulares da comisión e, de ser o caso, os suplentes, para efectuar acto de constitución desta e fixar a continuación e facer públicos os criterios específicos de selección. Na citación indicaranse o día, a hora e o lugar para o acto de constitución.

b) Todos/as os/as aspirantes admitidos/as a participar no concurso, para realizar o acto de presentación de concursantes, con indicación do día, lugar e hora para a realización do devandito acto; para estes efectos, o prazo entre a data prevista para o acto de constitución da comisión e a data sinalada para o acto de presentación non poderá exceder os dous días hábiles.

5.5. A constitución da comisión exixirá a asistencia da totalidade dos seus membros. Os membros titulares que non concorresen a este acto cesarán e serán substituídos polos seus respectivos suplentes. Unha vez constituída a comisión, no caso de ausencia do seu presidente será substituído polo/a vogal de maior categoría e antigüidade. O secretario será substituído, de ser o caso, polo/a vogal de menor categoría e antigüidade.

5.6. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros, entre os que figurarán obrigatoriamente o/a presidente/a e o/a secretario/a. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer.

Se, unha vez comezada a primeira proba, a comisión queda con menos de tres membros, nomearase unha nova comisión polo procedemento establecido no artigo 9 da normativa que regula os concursos e non poderán formar parte dela os membros da primeira que cesasen nesta condición.

5.7. No acto de constitución a comisión establecerá e fará públicos, antes do acto de presentación, os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza.

5.8. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6. Acto de presentación.

6.1. O acto de presentación será público e, no transcurso deste, as persoas candidatas entregarán ao/á presidente/a da Comisión de Acceso, por quintuplicado, a seguinte documentación:

a) Currículo, en que se detallarán ou seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos dos seus méritos. O currículo deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV.

b) Proxecto docente e investigador que a persoa candidata se propón desenvolver de serlle adxudicada a praza a que concursa; o devandito proxecto axustarase, de fixarse na convocatoria, ás especificacións establecidas.

6.2. No acto de presentación, os/as concursantes recibirán cantas instrucións deban serlles comunicadas sobre a realización das probas; así mesmo, determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación dos/as concursantes e fixaranse o lugar, a data e a hora de inicio das probas.

6.3. O secretario da Comisión de Acceso garantirá que a documentación que entreguen os concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas polos candidatos.

7. Realización das probas.

7.1. Os concursos de acceso constarán das probas e axustaranse ao procedemento que establece o artigo 12 da normativa aprobada polo Acordo do Consello de Goberno do 10 de decembro de 2008 pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios na Universidade da Coruña.

7.2. As probas serán públicas e cada unha delas será eliminatoria.

7.3. Finalizada cada proba, cada membro da comisión entregaralle ao/á presidente/a un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas concursantes, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

7.4. Para superar a proba é necesario obter, cando menos, tres votos favorables dos membros da Comisión de Acceso.

7.5. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. No caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto do/da presidente/a.

8. Proposta.

8.1. Nun prazo máximo de cinco días desde o seguinte ao da finalización das probas publicarase, no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a Comisión de Acceso, a proposta motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todas as persoas candidatas propostas por orde de preferencia. Contra a dita proposta os/as concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días.

8.2. Unha vez que se publique, o/a presidente/a da Comisión de Acceso ou, de ser o caso, o/a secretario/a entregarán a proposta na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña xunto coas actas e cos informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación achegado por cada candidato coa xustificación documental correspondente e a certificación do/da secretario/a da comisión en que se faga constar a data de publicación no taboleiro do centro.

8.3. Tras finalizar o procedemento, a documentación das persoas concursantes quedará á súa disposición na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña, de onde deberán retirala. No entanto, no caso de interposición de recurso non poderá retirarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos.

8.4. Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.

9. Presentación de documentos e nomeamento.

9.1. A persoa candidata proposta en primeiro lugar deberá presentar, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación da proposta nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

Os/as concursantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública, segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).

b) Certificado médico oficial de non padecer ningunha enfermidade nin defecto físico ou psíquico que a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor/a de universidade.

c) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

Aquelas persoas que tivesen a condición de funcionarias públicas de carreira estarán exentas de xustificar e presentar os documentos indicados nas alíneas a) e b); deberán presentar, no caso de procederen doutra Administración, unha certificación da universidade ou organismo de que dependan que acredite a súa condición de funcionarios/as e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

9.2. O reitor da Universidade da Coruña efectuará o nomeamento como funcionario/a docente de carreira do/da candidato/a proposto/a pola comisión, que especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento de número do rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle á Secretaría Xeral do Consello de Universidades.

9.3. No prazo máximo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o/a candidato/a proposto/a deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario/a docente universitario de carreira do corpo de que se trate.

10. Comisión de Reclamacións.

10.1. Contra as propostas das comisións dos concursos de acceso, as persoas concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días. Admitida a trámite a reclamación, suspenderanse os nomeamentos ata a súa resolución. A reclamación será valorada por unha comisión composta por sete catedráticos e/ou catedráticas de universidade pertencentes a diversos ámbitos do coñecemento, designados polo Claustro da Universidade, con ampla experiencia docente e investigadora.

10.2. A Comisión de Reclamacións oirá os membros da comisión contra cuxa proposta se presentase a reclamación, e as persoas candidatas que participasen no concurso.

10.3. Esta comisión examinará o expediente relativo ao concurso para velar polas garantías establecidas e ratificará ou non a proposta reclamada no prazo máximo de tres meses, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da comisión. O transcurso do prazo establecido sen resolver entenderase como rexeitamento da reclamación presentada.

10.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

11. Protección de datos de carácter persoal.

11.1. De conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos recollidos neste procedemento serán tratados pola UDC para a xestión de todos os trámites relacionados co procedemento de selección de persoal. 

11.2. O órgano responsable do devandito tratamento é a Secretaría Xeral, ante a que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade, na Reitoría da UDC; rúa Maestranza, 9, 15001 A Coruña, correo electrónico: rpd@udc.gal, teléfono 881 01 11 61; ou tamén a través da sede electrónica da UDC. A delegada de Protección de Datos é Luz María Puente Aba: dpd@udc.gal. Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a oportuna reclamación.

11.3. A base de xustificación deste tratamento é o exercicio de poderes públicos e a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (artigo 6.1.e) Regulamento europeo de protección de datos; Lei orgánica de universidades e Lei autonómica 6/2013, do Sistema universitario de Galicia).

11.4. Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia e nos supostos de obrigacións legais.

12. Norma final.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 30 de xullo de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I

Número de concurso: 21/025. Número de prazas: 1. OEP: 2021.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Forma de provisión: promoción interna.

Área de coñecemento: Dereito Penal.

Departamento: Dereito Público.

Actividade docente: 612G01010 Dereito Penal. Parte xeral, 612G01025 Dereito Penal. Parte especial, 612G01020 Dereito Sancionador, 612G01039 Dereito Penitenciario, 612G01038 Criminoloxía.

Actividade investigadora: Dereito Penal. Criminoloxía. Política Criminal. Penoloxía. Socioloxía Xurídico-Penal.

Centro: Facultade de Dereito.

Número de concurso: 21/026. Número de prazas: 1. OEP: 2021.

Corpo: profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento: Construcións Navais.

Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.

Actividade docente: 730G05007 Organización e Xestión da Empresa, 730496207 Aproveitamento de Recursos Mariños.

Actividade investigadora: viabilidade económica de enerxía eólica mariña flotante e de enerxía undimotriz.

Centro: Escola Politécnica Superior.

Número de concurso: 21/027. Número de prazas: 1. OEP: 2021.

Corpo: profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento: Construcións Navais.

Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.

Actividade docente: 730G05023 Hidrodinámica Naval, 730496202 Hidrodinámica Computacional.

Actividade investigadora: ebulición en piscina. Fluxo en condutos para (i) intensificación convectiva en nanofluídos (ii) transitorio completamente.

Centro: Escola Politécnica Superior.

Número de concurso: 21/028. Número de prazas: 1. OEP: 2021.

Corpo: profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.

Departamento: Enxeñaría de Computadores.

Actividade docente: 614G01018 Concorrencia e Paralelismo.

Actividade investigadora: computación de altas prestacións.

Centro: Facultade de Informática.

Número de concurso: 21/029. Número de prazas: 1. OEP: 2021.

Corpo: profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.

Departamento: Enxeñaría de Computadores.

Actividade docente: 614G01113 Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos.

Actividade investigadora: computación de altas prestacións para procesamento de Big Data.

Centro: Facultade de Informática.

ANEXO II

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: Dereito Penal.

Praza número: 21/025.

Comisión titular:

Presidente: Martínez-Buján Pérez, Carlos, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretaria: Faraldo Cabana, Patricia, catedrática de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Díez Ripollés, José Luis, catedrático de universidade, Universidade de Málaga.

Vogal 2º: Larrauri Pijoan, Elena, catedrática de universidade, Universidade Pompeu Fabra.

Vogal 3º: García España, Elisa, catedrática de universidade, Universidade de Málaga.

Comisión suplente:

Presidenta: Acale Sánchez, María, catedrática de universidade, Universidade de Cádiz.

Secretario: Varona Gómez, Daniel, catedrático de universidade, Universidade de Girona.

Vogal 1º: Mata Barranco de la, Norberto, catedrático de universidade, Universidade do País Vasco.

Vogal 2º: Juanatey Dorado, Carmen, catedrática de universidade, Universidade de Alicante.

Vogal 3º: Cerezo Domínguez, Ana Isabel, catedrática de universidade, Universidade de Málaga.

Corpo: profesores/as titulares de universidade.

Área de coñecemento: Construcións Navais.

Praza número: 21/026.

Comisión titular:

Presidente: Carral Couce, Luis Manuel, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario: Díaz Casás, Vicente, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Cuetos Megido, José Manuel, catedrático de universidade, Universidade de Oviedo.

Vogal 2º: Leo Mena, Teresa de Jesús, catedrática de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 3º: Trueba Ruiz, Alfredo, profesor titular de universidade, Universidade de Cantabria.

Comisión suplente:

Presidente: Gómez Solaeche, Miguel Ángel, profesor titular de universidade, Universidade do País Vasco.

Secretario: Vidal Pérez, Juan Manuel, profesor titular de universidade, Universidade de Cádiz.

Vogal 1º: González Rodríguez, Rubén, profesor titular de universidade, Universidade de Oviedo.

Vogal 2º: Rodríguez Hidalgo, María del Carmen, profesora titular de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 3º: García Espinosa, Julio, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Corpo: profesores/as titulares de universidade.

Área de coñecemento: Construcións Navais.

Praza número: 21/027.

Comisión titular:

Presidente: Carral Couce, Luis Manuel, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario: Díaz Casás, Vicente, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Cuetos Megido, José Manuel, catedrático de universidade, Universidade de Oviedo.

Vogal 2º: Leo Mena, Teresa de Jesús, catedrática de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 3º: Trueba Ruiz, Alfredo, profesor titular de universidade, Universidade de Cantabria.

Comisión suplente:

Presidente: Gómez Solaeche, Miguel Ángel, profesor titular de universidade, Universidade do País Vasco.

Secretario: Vidal Pérez, Juan Manuel, profesor titular de universidade, Universidade de Cádiz.

Vogal 1º: González Rodríguez, Rubén, profesor titular de universidade, Universidade de Oviedo.

Vogal 2º: Rodríguez Hidalgo, María del Carmen, profesora titular de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 3º: García Espinosa, Julio, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Corpo: profesores/as titulares de universidade.

Área de coñecemento: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.

Praza número: 21/028.

Comisión titular:

Presidente: Touriño Domínguez, Juan, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretaria: Martín Santamaría, María José, catedrática de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Fraguela Rodríguez, Basilio Bernardo, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: Amor López, Margarita, catedrática de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 3º: López Taboada, Guillermo, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Comisión suplente:

Presidente: Doallo Biempica, Ramón, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretaria: González Gómez, Patricia, profesora titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Rodríguez Álvarez, Gabriel, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: Blanco Heras, Dora, profesora titular de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 3º: Andrade Canosa, Diego, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Corpo: profesores/as titulares de universidade.

Área de coñecemento: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.

Praza número: 21/029.

Comisión titular:

Presidente: Touriño Domínguez, Juan, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretaria: Martín Santamaría, María José, catedrática de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Fraguela Rodríguez, Basilio Bernardo, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: Amor López, Margarita, catedrática de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 3º: López Taboada, Guillermo, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Comisión suplente:

Presidente: Doallo Biempica, Ramón, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretaria: González Gómez, Patricia, profesora titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Rodríguez Álvarez, Gabriel, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: Blanco Heras, Dora, profesora titular de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 3º: Andrade Canosa, Diego, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

missing image file

ANEXO IV

Currículo

Datos persoais:

Apelidos e nome.

Número do documento nacional de identidade. Lugar e data de expedición.

Nacemento (data, localidade e provincia).

Residencia (enderezo, localidade e provincia).

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como profesor/a, centro, departamento e área de docencia actual.

Datas de resolución da acreditación ou habilitación.

Datos académicos:

1. Títulos académicos (clase, organismo e centro de expedición, data de expedición, cualificación, se a houber).

2. Postos docentes desempeñados (categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data do nomeamento ou contrato, data de cesamento ou remate).

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e capítulos de libros (autor ou coautores, título, editor/es, editorial, data de publicación) (*).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras (autor ou coautores, título, revista, número de páxinas, data de publicación) (*).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos (título, entidade organizadora, carácter nacional ou internacional, lugar e data).

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos (con indicación do centro, organismo, materia, actividade desenvolvida e data).

13. Cursos e seminarios recibidos (con indicación do centro ou organismo, materia e data de celebración).

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (con posterioridade á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados (cargo, centro e período).

19. Coñecemento da lingua propia da UDC.

(*) Se están pendentes de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial.