Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 40731

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2021 pola que se amplía o crédito da Resolución do 16 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU100A).

O 4 de maio de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 16 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU100A).

No seu artigo 4 establécese a conta financeira con cargo á cal se financian as subvencións outorgadas ao abeiro da dita resolución e o importe previsto para o financiamento da dita subvención; e, no artigo 5, regula a posibilidade de ampliar o crédito dedicado a esta convocatoria, logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; e, se é o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

O 3.8.2021, a Consellería de Facenda autoriza unha modificación de crédito que varía o orzamento de Augas de Galicia, «supón un incremento no orzamento de ingresos de 12.000.000 € en transferencias de capital e un incremento do orzamento de gastos en investimentos reais por 3.000.000 € e de 9.000.000 € en transferencias e subvencións de capital».

Como consecuencia do anterior, actualmente na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible, polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da axuda convocada.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 16 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU100A).

Na táboa seguinte detállase o crédito definitivo.

Conta financeira

Importe

Inicial

6566 (subvencións de capital a corporacións locais)

250.000,00 €

Ampliación

6566 (subvencións de capital a corporacións locais)

576.057,15 €

Total

6566 (subvencións de capital a corporacións locais)

826.057,15 €

Esta resolución producirá efectos consonte o previsto no artigo 39 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional única da Resolución do 16.4.2021;
DOG do 4 de maio)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia