Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no teléfono 982 88 90 87, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Lugo, 4 de agosto de 2021
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: 079-EOL.
Denominación: parque eólico Serra das Penas.
Acto notificado: depósito de prezo xusto pola expropiación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Serra das Penas.
|
Predios |
Interesado |
|
294, 304, 386, 387, 422 |
Purificación López Gómez |
|
406 |
Lorenzo López Rodríguez |


