Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 3 de agosto de 2021 polo que se notifica o emprazamento do trámite de audiencia (expediente PON/174/2020).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento ao interesado con documento nacional de identidade número 36085613Q e aos demais herdeiros de María Rodríguez Casal para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/174/2020 en relación coas obras realizadas sobre terreos destinados a viais consistentes na construción dunha edificación para uso residencial, garaxe, construcións auxiliares e unha estrutura no camiño de Gondomar, Candeán, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021

Jacabo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística