Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41649

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de convocatoria de promoción interna dunha praza de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 183, do 11 de agosto de 2021, foron publicadas integramente as bases que van regular a convocatoria para prover, por promoción interna, unha praza de auxiliar administrativo, pertencente ao persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C2, a través do proceso selectivo de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Castroverde, 12 de agosto de 2021

Xosé Mª Arias Fernández
Alcalde