Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 145, do 30 de xullo de 2021, é necesario efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 38677, artigo 9, punto 2, onde di: «formación práctica o persoa», debe dicir: «formación práctica a persoa».
Na páxina 38680, artigo 13, punto 1, onde di: «do alumnado o centro docente», debe dicir: «do alumnado ao centro docente».
Na páxina 38682, artigo 16, letra e), onde di: «Materiais curriculares e recursos», debe dicir: «Materiais curriculares, e recursos».
Na páxina 38684, artigo 18, punto 1, letra e), onde di: «Asistir ao alumnado como administrador/a dos recursos», debe dicir: «Asistir ao alumnado como administrador dos recursos». Na páxina 38686 do mesmo artigo, no punto 7, onde di: «referidos a impartición», debe dicir: «referidos á impartición».
Na páxina 38689, artigo 21, punto 3, onde di: «A Xefatura territorial», debe dicir: «A Xefatura Territorial».
Na páxina 38691, artigo 24, punto 4, onde di: «aterse ao disposto na disposición adicional décimo primeira», debe dicir, «aterse ao disposto na disposición adicional décimo segunda».
Na páxina 38694, artigo 28, punto 2, onde di: «de presidente/a un/unha inspector/a», debe dicir: «de presidente/a preferentemente un/unha inspector/a». No mesmo artigo, punto 3, onde di: «será presidido por unha persoa inspectora de educación», debe dicir: «será presidido preferentemente por unha persoa inspectora de educación».
Na páxina 38701, artigo 36, punto 6, onde di: «A resolución da xefatura territorial», debe dicir: «A resolución da Xefatura Territorial».
Na páxina 38722, artigo 57, punto 2, onde di: «título de Técnico deportivo», debe dicir: «título de técnico deportivo».