Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 20 de agosto de 2021 Páx. 41918

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 6 de agosto de 2021 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional.

Pola Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de marzo de 2017 (DOG número 59, do 24 de marzo), ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.

Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 10 de agosto de 2017 (DOG núm. 157, do 21 de agosto), aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e formación profesional, por un período máximo de 6 cursos académicos ata o final do curso 2022/23; concertos que modificaron a Orde do 20 de xullo de 2018 (DOG número 154, do 13 de agosto), a Orde do 6 de agosto de 2019 (DOG número 159, do 23 de agosto), e Orde do 23 de xullo de 2020 (DOG número 159, do 10 de agosto).

De conformidade co artigo 4 da devandita Orde do 14 de marzo de 2017 os concertos educativos que se subscriban ou modifiquen pola presente orde rematarán ao final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación dentro do seu período de vixencia seguindo o procedemento do artigo 15 da mesma norma, a instancia de parte ou de oficio.

Por canto antecede, en aplicación do artigo 7 do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, que aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e do artigo 3 do Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación dos concertos educativos vixentes

1. Esta orde ten por obxecto modificar os concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo I desta orde, nos termos que no mesmo anexo se sinalan.

2. As modificacións a que se refire o número 1 deste artigo terán vixencia ata o final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación con anterioridade de conformidade co artigo 15 da Orde do 14 de marzo de 2017.

Artigo 2. Desestimación de solicitudes

Desestímanse as solicitudes de modificación ou de subscrición de concerto educativo formuladas polos centros docentes que se relacionan no anexo II da presente orde polos motivos que en cada caso se especifican.

Artigo 3. Formalización do concerto

1. As modificacións formalizaranse mediante addenda ao documento administrativo de formalización do concerto educativo subscrito polo centro, que asinará a persoa titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade co artigo 3 da Orde do 9 de febreiro de 2021 de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

2. Se a persoa titular do centro non subscribise a addenda ao documento administrativo de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaída no seu dereito.

Artigo 4. Efectos da modificación

As modificacións ás que se refire esta orde terán efectos económicos e administrativos desde o día 1 de setembro de 2021.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Modificacións realizadas de conformidade co artigo 15
da Orde do 14 de marzo de 2017

a) Educación Infantil.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15003200

CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo

Cee

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade

15020489

CPR Plurilingüe Montespiño

Culleredo

Coruña (A)

Incrementar o concerto: 2 unidades

15006511

CPR Plurilingüe Sta. Juana de Lestonac

Ferrol

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade

15007230

CPR Ntra. Sra. del Carmen

Fisterra

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade

15015241

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada

Santa Comba

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade

15015482

CPR Plurilingüe Enma

Santiago de Compostela

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade

32001661

CPR Plurilingüe Divina Pastora

Barco Valdeorras, (O)

Ourense

Suprimir o concerto: 1 unidade

32016728

CPR Plurilingüe Luis Vives

Ourense

Ourense

Suprimir o concerto: 1 unidade

36003820

CPR Ntra. Sra. del Carmen

Grove (O)

Pontevedra

Suprimir o concerto: 2 unidades (supresión do concerto)

36004113

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Lalín

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade

36004526

CPR Plurilingüe San Narciso

Marín

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade

36009925

CPR Plurilingüe Amor de Dios

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade

b) Educación primaria (EP) e educación secundaria obrigatoria (ESO).

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15032157

CPR Plurilingüe Andaina

Culleredo

Coruña (A)

Incrementar o concerto: 1 unidade de EP

15014520

CPR Plurilingüe Galaxia

Ribeira

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

15015366

CPR Plurilingüe Casa do Neno

Santiago de Compostela

Coruña (A)

Incrementar o concerto 1 unidade de EP

32016731

CPR Malvedo

Coles

Ourense

Suprimir o concerto: 2 unidades (1º/2º curso). Reducir 16 horas de orientación.

32009062

CPR Cardenal Cisneros

Ourense

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade de EP

32008446

CPR Concepción Arenal

Ourense

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade de ESO (1º/2º curso)

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

Pereiro de Aguiar (O)

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade de ESO (3º/4º curso)

32020720

CPR Plurilingüe Miraflores

Pereiro de Aguiar (O)

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade de ESO (3º/4º curso)

36000569

CPR Salesianos A Mercé

Cambados

Pontevedra

Suprimir o concerto: 2 unidades de ESO (1º/2º). Reducir 1 hora de orientación

36004113

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Lalín

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

Suprimir o concerto: 1 unidade de ESO (3º/4º curso). Reducir 4 horas de orientación

36009925

CPR Plurilingüe Amor de Dios

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

c) Educación Especial.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15033071

CEEPR Aspaber

Carballo

Coruña (A)

Incrementar o concerto: 1 unidade-plurideficientes

15014349

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Ribeira

Coruña (A)

Concertar: 1 unidade-plurideficientes

32008665

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Ourense

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade-psíquicos

32016728

CPR Plurilingüe Luis Vives

Ourense

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade-psíquicos

36011221

CPR Plurilingüe Padre Míguez

Vigo

Pontevedra

Concertar:1 unidade-plurideficientes

36010253

CEEPR Fogar e Clínica San Rafael

Vigo

Pontevedra

Concertar: 2 unidades-plurideficientes

Suprimir o concerto: 2 unidades psíquicos

36019815

CEEPR Amencer

Pontevedra

Pontevedra

Suprimir o concerto 3 unidades-plurideficientes

36025104

CEEPR Amencer-Aspace

Vigo

Pontevedra

Concertar: 5 unidades-plurideficientes

d) Formación Profesional Básica.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020431

CPR Agarimo

Arteixo

Coruña (A)

Concertar o 1º curso do ciclo de Agroxardinaría e Composicións Florais (1 unidade)

36000569

CPR Salesianos A Mercé

Cambados

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo de Agroxardinaría e Composicións Florais (1 unidade)

Concertar o 1º curso do ciclo de Peiteado e Estética (1 unidade)

36016152

CPR Divino Maestro

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo de Informática de Oficina

(1 unidade)

36011221

CPR Plurilingüe Padre Míguez

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo de Informática e Comunicacións (1 unidade)

36011211

CPR Plurilingüe San Miguel 2

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo de Informática de Oficina

(1 unidade)

e) Ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15021974

EFAG Fonteboa

Coristanco

Coruña (A)

Concertar o 1º curso do ciclo guía no Medio Natural e de Tempo Libre (1 unidade)

15201986

CPR Cruz Roja Española

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 1º curso do ciclo Atención a Persoas en Situación de Dependencia (1 unidade)

36004526

CPR Plurilingüe San Narciso

Marín

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo Farmacia e Parafarmacia

(1 unidade)

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo Atención a Persoas en Situación de Dependencia (1 unidade)

Concertar o 1º curso do ciclo Electromecánica de Vehículos Automóbiles (1 unidade)

f) Ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020313

EFAG El Piñeiral

Arzúa

Coruña (A)

Concertar o 1º curso do ciclo Educación Infantil (1 unidade)

Concertar o 1º curso do ciclo Márketing e Publicidade (1 unidade)

Suprimir o 1º curso do ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

15021974

EFAG Fonteboa

Coristanco

Coruña (A)

Concertar o 1º curso do ciclo Transporte e Loxística (1 unidade)

15201986

CPR Cruz Roja Española

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 1º curso do Ciclo Laboratorio Clínico e Biomédico (1 unidade)

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo Administración e Finanzas (1 unidade)

15005270

CPR Afundación

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo Desenvolvemento de Aplicacións Web (1 unidade)

36005671

EFAG A Cancela

Neves (As)

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo Educación Infantil (1 unidade)

36004526

CPR Plurilingüe San Narciso

Marín

Pontevedra

Concertar o 1º curso do ciclo Ensinanza e Animación Sociodeportiva (1 unidade)

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

Concertar o 1º curso do ciclo Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (1 unidade)

36011622

CPR Aloya

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º curso do ciclo Márketing e Publicidade (1 unidade)

Concertar o 1º curso do ciclo Transporte e Loxística (1 unidade)

ANEXO II

Solicitudes de modificación ou subscrición desestimadas

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15010794

CPR Plurilingüe Jaime Balmes

Noia

A Coruña

Non existe necesidade de concerto destas ensinanzas. Superávit de prazas

27006255

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Lugo

Lugo

O centro non dispón de autorización para impartir a ensinanza solicitada, segundo o artigo 3 da Orde do 14 de marzo de 2017

36025049

Centro de Formación Profesional San Eloy

Vigo

Pontevedra

O centro non deu cumprimento ao artigo 2 da Orde do 25 de xuño de 2019 (inicio actividade), coa imposibilidade de valorar as necesidades de escolarización que satisfai o centro; as ensinanzas non constitúen unha oferta formativa adaptada ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36011300

CPR Plurilingüe San Blas-Vista Alegre

Vigo

Pontevedra

Non existe necesidade de concerto destas ensinanzas. Superávit de prazas

36011221

CPR Plurilingüe El Pilar

Vigo

Pontevedra

Non existe necesidade de concerto destas ensinanzas. Superávit de prazas