Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 20 de agosto de 2021 Páx. 42081

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 27 de xullo de 2021, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana para a reordenación do ámbito do barrio do Cura (expediente 16980/411).

O Pleno do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 23 de xullo de 2021, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación definitiva á Modificación puntual do PXOU/1993 para a reordenación do ámbito do barrio do Cura, instrumento urbanístico de iniciativa pública promovido por esta administración, documentación presentada polo equipo redactor no rexistro electrónico do Concello de Vigo, con data do 30.6.2021 (COD.SOL.: W572571-5583), na súa versión definitiva, e que inclúe toda a documentación necesaria para a súa aprobación definitiva, datada en xuño de 2021, e asinada dixitalmente con sinatura válida polo arquitecto Alfonso Carlos Penela Fernández con data do 29.6.2021.

Segundo. Ordenar a publicación do presente acordo no DOG (informe ambiental estratéxico publicado no DOG do 26.11.2018, expediente 2018AAE2243) e, posteriormente, remitir un exemplar do instrumento definitivamente aprobado en soporte dixital e debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Recibido o certificado de inscrición, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do seu Regulamento de desenvolvemento.

Terceiro. O contido íntegro do instrumento definitivamente aprobado estará dispoñible no portal de transparencia e no seguinte enderezo electrónico: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/

Cuarto. Remitir un exemplar da documentación aprobada definitivamente, debidamente dilixenciada, aos correspondentes organismos da Administración estatal e autonómica, con competencias sectoriais na materia, en atención ás consideracións e/ou observacións realizadas nos denominados informes sectoriais emitidos e que constan incorporados ao expediente de razón.

Quinto. Contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co artigo 46.1 da LRXCA, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio doutras accións legais que se xulguen convenientes».

Vigo, 27 de xullo de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo