Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 24 de agosto de 2021 Páx. 42520

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública, para vinculación temporal, de cobertura de dúas prazas da categoría médico xeral do CTG (na actualidade ADOS) (Diario Oficial de Galicia número 109, do 10 de xuño).

Convocada polo Anuncio do 3 de xuño de 2021 (DOG núm. 109, do 10 de xuño de 2021) a provisión, para vinculación temporal, de dúas prazas da categoría médico xeral do CTG (na actualidade ADOS), esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a cobertura de dúas prazas da categoría médico xeral do CTG (na actualidade ADOS), realizada mediante o Anuncio do 3 de xuño de 2021 (DOG núm. 109, do 10 de xuño).

Segundo. De conformidade coa base sétima da convocatoria, convocar os/as aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo I desta resolución para que, en único chamamento e acto e pola orde que se establece en aplicación das bases da convocatoria, elixan destino. O acto de elección de destino terá lugar o mércores, 1 de setembro de 2021, ás 10.00 o primeiro adxudicatario e ás 10.20 o segundo, na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela.

Terceiro. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo I desta resolución.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar ao finalizar o acto de elección de destino.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2021

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue,
Órganos e Tecidos

ANEXO I

Apelidos e nome

DNI

Total 1ª fase

Total 2ª fase

Total suma fases

Zapata Rodríguez, José María

***5959**

32,342

2,000

34,342

García Otero, Macarena

***8266**

11,483

0,000

11,483

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.