Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:
– «Proxecto básico para a solicitude de autorización ambiental integrada nas instalacións de Frigoríficos Bandeira, S.L. en Silleda (Pontevedra). Marzo 2021».
Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:
– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).
Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medio ambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático
ANEXO I
Memoria resumo
Clave do expediente: 2021-IPPC-I-23.
Peticionario: Frigoríficos Bandeira, S.L.
CIF: B36297240.
Enderezo social: Calzada, nº 22, Bandeira, 36570 Silleda (Pontevedra).
Localización da instalación: Calzada, nº 22, Bandeira, 36570 Silleda (Pontevedra).
Actividade: matadoiro de gando vacún.
Descrición: o proxecto corresponde á ampliación dun matadoiro onde se sacrifica gando vacún e se preparan os canais para o posterior transporte e comercialización de produtos cárnicos derivados. O proceso resúmese en: preparación, sangrado, esfolado, degolado e pezuños, evisceración, partición e estabilización en cámara. A ampliación consistirá no aumento da capacidade produtiva, que será aproximadamente de 86,4 toneladas de canais por día, como consecuencia da implantación dunha planta de optimización de efluentes co fin de depurar a auga residual industrial previamente á súa vertedura, a cal comprende unha planta de biogás, da cal se obtén enerxía eléctrica e térmica que se utiliza na propia instalación, mais un sistema combinado de DAF máis dous humidais.
As augas pluviais contaminadas e as augas residuais industriais trátanse previamente á súa utilización na rega e ao envío de excedentes á rede de saneamento do concello. As augas fecais e as augas pluviais limpas verten, sen tratamento previo, á rede de saneamento do concello.


