Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42956

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria interina.

Mediante o Decreto 1887, do 30 de xullo de 2021, unha vez concluído o proceso selectivo, nomeouse funcionaria interina para cubrir o posto de traballo de arquitecta técnica, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, e integrado no grupo A, subgrupo A2, a segunda aspirante que acadou maior puntuación neste proceso selectivo, Nuria Morgade Pouso, con NIF ***8362**.

O prazo para tomar posesión como funcionaria interina será dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Noia, 30 de xullo de 2021

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde