Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello da Cultura Galega

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da relación de postos de traballo.

A Comisión Executiva, en sesión que tivo lugar o día 17 de xullo de 2021, aprobou inicialmente a relación de postos de traballo (RPT) do Consello da Cultura Galega.

Por medio do presente anuncio ábrese un período de información pública por un prazo de vinte días hábiles, que empezarán a contar a partir do seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as reclamacións, suxestións ou alegacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 202.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

No caso de que se presenten reclamacións e/ou alegacións contra o citado expediente, procederase á súa resolución, despois dos informes oportunos, pola Comisión Executiva e, unha vez resoltas, á aprobación definitiva do expediente e á publicación do cadro da relación do postos de traballo no Diario Oficial de Galicia.

Se non se presentan reclamacións e/ou alegacións contra o expediente, considerarase que este queda aprobado definitivamente, sen necesidade de acordo posterior, e procederase, a seguir, á publicación indicada na epígrafe procedente, de conformidade co disposto no artigo 202 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2021

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega