Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 27 de agosto de 2021 Páx. 42991

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 18 de agosto de 2021 pola que se procede ao cesamento e ao nomeamento dos membros da Comisión galega de laboratorios de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

O Decreto 105/2015, do 25 de xuño, polo que se regulan o Rexistro e a Comisión galega de laboratorios para a realización de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano e o seu réxime de acceso á actividade, no seu artigo 6.1 establece a composición da dita comisión galega de laboratorios.

Por medio da Orde da Consellería de Sanidade, do 2 de decembro de 2015, procedeuse ao nomeamento dos membros da Comisión, así como dos seus suplentes.

Con motivo dos cambios producidos na estrutura orgánica da Xunta de Galicia e das consecuentes modificacións na titularidade e no desenvolvemento dalgúns postos, é necesario realizar novos nomeamentos dos membros da citada comisión.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

DISPOÑO:

Artigo 1. Cesamentos

Cesan como membros da Comisión galega de laboratorios de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano as persoas citadas no anexo I.

Artigo 2. Nomeamentos

Noméanse membros da Comisión, por proposta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, da Consellería do Mar, da Consellería do Medio Rural e da Consellería de Sanidade as persoas citadas no anexo II.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido nesta orde e, en particular, a Orde do 2 de decembro de 2015 pola que se procede ao nomeamento dos membros da Comisión galega de laboratorios de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Cesamentos

Cesan como membros da Comisión galega de laboratorios de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano as persoas seguintes:

Ángel Gómez Amorín, como vogal representante da Consellería de Sanidade.

Marta Piñeiro Sotelo, como vogal suplente representante da Consellería de Sanidade.

Emiliano Cacho Barrio, como vogal suplente representante da Consellería do Mar.

ANEXO II

Nomeamentos

Noméanse membros da Comisión galega de laboratorios de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano as persoas seguintes:

1. Pola Consellería de Sanidade:

Vogal. Subdirectora xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde: Inés Mato Naveira.

Vogal suplente. Xefa do Servizo do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia: Nieves Infanzón Álvarez.

2. Pola Consellería do Mar:

Vogal. Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (en diante, Intecmar): Covadonga Salgado Blanco.

Vogal suplente. Subdirector xeral do Intecmar: José Morales Vila.

3. Pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

Vogal. Directora do Laboratorio de Consumo de Galicia: Natalia Crespo González.

Vogal suplente. Xefa de sección do Laboratorio de Consumo de Galicia: Juana Ferreiro López-Rioboo.

4. Pola Consellería do Medio Rural:

Vogal. Director do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia: Manuel López Leizán.

Vogal suplente. Xefe de sección do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia: Antonio Vela Martínez.