Unha vez publicada a Resolución do 12 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 94, do 21 de maio), resulta necesario proceder á modificación dos anexos que figuran nela, para adaptalos á realidade dos postos existentes susceptibles de participaren no proceso de funcionarización convocado, polo que esta dirección xeral
DISPÓN:
Incluír o seguinte código por reingreso:
Categoría 003 |
Auxiliar sanitario Auxiliar clínica (...) |
NIF |
Inicial apelido 1 |
Inicial apelido 2 |
Inicial nome |
PSC994080227001047 |
***0798** |
S |
F |
M |
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2021
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública