Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 30 de agosto de 2021 Páx. 43178

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 19 de agosto de 2021 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de oito postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos sinalados no anexo I para cada un dos postos.

Terceiro. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante o cal se achegará a solicitude segundo o modelo que se inclúe no anexo II, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Cuarto. As persoas aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. Se as persoas seleccionadas para ocupar os postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde teñen destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado á Comunidade Autónoma, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderanse declarar desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Emprego e Igualdade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), ou poderana impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

ANEXO I

1. Secretario/a do/da conselleiro/a.

Código: EMC010000015770001.

Consellería: Emprego e Igualdade.

Denominación do posto: secretario/a do/da conselleiro/a.

Dependencia: Gabinete conselleiro/a.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: C1-C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.771,40 €/ ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

2. Secretario/a do/da secretario/a xeral técnico/a.

Código: EMC020000015770001.

Consellería: Emprego e Igualdade.

Denominación do posto: secretario/a do/da secretario/a xeral técnico/a.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.059,92 €/ ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

3. Vicesecretario/a xeral.

Código: EMC020000115770001.

Consellería: Emprego e Igualdade.

Denominación do posto: vicesecretario/a xeral.

Dependencia: Vicesecretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo/subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 23.026,22 €/ ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

4. Subdirector/a xeral de Réxime Xurídico e RR.HH.

Código: EMC020000215770001.

Consellería: Emprego e Igualdade.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Réxime Xurídico e RR.HH.

Dependencia: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e de Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 23.026,22 €/ ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

5. Subdirector/a xeral de Xestión Económica e Contratación.

Código: EMC020000315770001.

Consellería: Emprego e Igualdade.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Xestión Económica e Contratación.

Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Económica e Contratación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo/subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 23.026,22 €/ ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

6. Secretario/a director/a xeral de Relacións Laborais.

Código: EMC040000015770001.

Consellería: Emprego e Igualdade.

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.059,92 €/ ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

7. Xefe/a territorial-Ourense.

Código: EMC991000032001001.

Consellería: Emprego e Igualdade.

Denominación do posto: xefe/a territorial.

Dependencia: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo/subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 20.599,04 €/ ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

8. Xefe/a territorial-Pontevedra (Vigo).

Código: EMC991000036560001.

Consellería: Emprego e Igualdade.

Denominación do posto: xefe/a territorial.

Dependencia: Xefatura Territorial de Pontevedra (Vigo).

Localidade: Vigo.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo/subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 20.599,04 €/ ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file