Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 30 de agosto de 2021 Páx. 43224

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas en Visma.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e/ou se ignora o lugar de notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da antedita Lei 3/2007:

Parcelas de titulares descoñecidos incluídas dentro do ámbito da parroquia prioritaria de Visma.

Ref. catastral

Localización

ha afectadas

Liquidación provisional

Persoa responsable

15900A01300025

Visma

0,0099

16,65 €

Descoñecida

15900A01300026

Visma

0,0515

86,99 €

Descoñecida

15900A01300044

Visma

0,0173

29,15 €

Descoñecida

15900A01300093

Visma

0,0246

41,59 €

Descoñecida

15900A01300099

Visma

0,1738

293,49 €

Descoñecida

15900A01300100

Visma

0,2044

724,75 €

Descoñecida

15900A01300101

Visma

0,0951

160,56 €

Descoñecida

15900A01300178

Visma

0,0416

36,41 €

Descoñecida

15900A01300227

Visma

0,0364

61,51 €

Descoñecida

15900A01400163

Visma

0,1090

386,38 €

Descoñecida

15900A01400187

Visma

0,0329

55,54 €

Descoñecida

15900A01400195

Visma

0,0038

6,39 €

Descoñecida

15900A01400411

Visma

0,0125

21,13 €

Descoñecida

15900A01400412

Visma

0,0552

93,22 €

Descoñecida

15900A01400419

Visma

0,3903

341,45 €

Descoñecida

5227412NJ4052N

Visma

0,0083

29,60 €

Descoñecida

6122641NJ4062S

Visma

0,0329

28,77 €

Descoñecida

1. En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ao atoparse as parcelas anteriores incluídas no ámbito da parroquia priorizada de Visma, entenderase voluntariamente cumprida a obriga de xestión da biomasa cando, con anterioridade á finalización do prazo sinalado no parágrafo anterior, a persoa responsable subscriba o contrato de xestión da biomasa con Seaga, recollido no anexo III do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, de 17 de agosto de 2018), e deberá comunicalo a este concello dentro do dito prazo.

2. Se, transcorrido o prazo sinalado anteriormente, non se xestionaron voluntariamente a biomasa as persoas responsables, o Concello da Coruña, a través do devandito convenio de colaboración, procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos e, se for o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, xa dita. Para iso, o Concello procederá a liquidación provisional dos custos a que, previsiblemente, dará lugar a xestión da biomasa, referenciados para cada unha das parcelas nas táboas anteriores, coa advertencia expresa de que se procederá á súa exacción inmediata, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos.

O anterior, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas.

O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3. Canto ao procedemento sancionador que se iniciará no caso de persistencia no incumprimento unha vez transcorrido o prazo outorgado, e segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, infórmase do seguinte:

A. Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007).

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da Consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción, ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na Lei 3/2007 e incoados no ámbito da Consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da Consellería competente en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da Consellería que teña asignada competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21 ter 2 da Lei 3/2007.

B. Cualificación da infracción: infracción leve (art. 51.3.a) da Lei 3/2007), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

C. Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b) da Lei 43/2003).

D. Procederase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

A Coruña, 6 de agosto de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 26.6.2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Mª Esther Fontán Prado
Concelleira delegada de Medio Ambiente