Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 31 de agosto de 2021 Páx. 43344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 27 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica aos solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento da documentación acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2021/2491-2 e tres máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación personal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o plazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do plazo recollido no requirimento para cumprilo.

O plazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o dito plazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Lugo, 27 de xullo de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

Resolución

PR204A2021/2491-2

52053671W

Requirimento de documentación

PR204A2021/2512-2

X2318673C

Requirimento de documentación

PR204A2021/2752-2

33554787H

Requirimento de documentación

PR204A2021/2825-2

34267641X

Requirimento de documentación